Saltar ao contido

Ollo morado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ollo morado
Clasificación e recursos externos
Ollo morado
ICD-10S00.1
ICD-9921.0
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

O ollo morado é unha equimose ao redor do ollo comunmente debida a unha ferida no rostro. O nome débese á cor da contusión ocular. A maioría das lesións de ollos morados son menores e sanan soas no transcurso dunha semana.

Etioloxía

[editar | editar a fonte]

O traumatismo cerca dunha cella ou algún lugar que non estea situado directamente no ollo pode facer que a pálpebra se volva dunha cor purpúrea. As feridas oculares e os traumatismos na cabeza poden tamén coincidir cun ollo morado.

Cadro clínico

[editar | editar a fonte]

A aparencia dramática (decoloración e turxencia) non indica necesariamente unha ferida seria.

Tratamento

[editar | editar a fonte]

Xeralmente a asistencia médica non é necesaria, salvo que haxa lesión ocular.

Complicacións

[editar | editar a fonte]

Os signos clínicos que indicarían complicacións na lesión son:

  • Visión dupla ou borrosa
  • Perda de visión
  • Perda de consciencia
  • Imposibilidade para mover o ollo ou para pestanexar
  • Hemorraxia nasal ou ótica
  • Hemorraxia na superficie ocular
  • Dor de cabeza persistente

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]